sexta-feira, 9 de novembro de 2007

Sorteio

Tomem atenção a isto, parece interessante:

REGULAMENTO DO SORTEIO CM DA AMIZADE GALEGO-PORTUGUESA (*)

1. Obxectivo: A divulgación da Cultura Marítima e do patrimonio material e inmaterial marítimo que nos teñen legado as comunidades mariñeiras así como o mar como medio natural, é a motivación que nos move, como administradores de blogues de temática marítima, a promover o Sorteo Cultura Mariñeira da Amizade Luso-Galega. Temos como principal obxectivo transmitir que un aspecto destacado da cultura mariñeira é a amizade entre os pobos, o respeto e o coñecimento mutuos a través do mar e, em particular, dos pobos galego e portugués. 2. Libros a sortear:
2.1. Sorteamos os seguintes libros en galego:
«O Patrimonio Marítimo de Galicia», de Dionisio Pereira. Editora FGCMF Oferta da Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial. Exemplar con dedicatoria e asinatura do autor.
«Lanchas e Dornas», de Staffan Mörling. Editora Xunta de Galicia. Oferta da Libraría Sisargas.
«A Odisea», de Homero. Editora Toxosoutos. Oferta da Libraría Sisargas.
«O bote polbeiro de Bueu», de Fidel Simes . Editora Xunta de Galicia. Oferta do Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito.
2.2. Sorteamos os seguintes libros en portugués:
«Cais e Navios de Lisboa», de Luís Miguel Correia. Oferta do Autor. Exemplar con dedicatoria e asinatura do autor.
«História do Batel Vae com Deus», de Raúl Brandão, Editora Edieum. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
«A noite abre meus olhos», de José Tolentino Mendonça, Editora Orfeu. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
«A Campanha do Argus», de Alain Villiers. Oferta de Mar Adentro Ventosga.
3. Participantes: Integran o sorteo os administradores de blogues escritos em calquera das línguas oficiais dos pobos da Península Ibérica, que participen realizando comentarios nos blogues promotores. O dereito a un boleto para o sorteo adquírese pola participación en cada un dos blogues promotores, ata un máximo permitido de seis boletos. Aos agraciados seranlles remitidos os libros ao enderezo postal que indiquen. O espazo xeográfico no que se desenvolve a iniciativa é a Península Ibérica, sen prexuizo de valorarmos a posibilidade de ampliar o ámbito territorial do sorteo en función das solicitudes recibidas e do eventual aumento dos gastos de envio que esto implique.
4. Período de participación: O período de obtención de boletos de participación decorre desde a publicación do presente Regulamento en cada blogue promotor ata o 31 de Decembro de 2007 (inclusive), realizándose o sorteo na segunda semana de 2008 no local das librarías promotoras a través do sistema da «man inocente», garantizando os responsables da libraría e dos blogues promotores a correcta realización do mesmo.
5. Libros en Língua Portuguesa: Sortearanse os libros en Língua Portuguesa entre os blogueiros que teñan participado nos blogues galegos en: Libraría Luso-Galáica «Orfeu», de Joaquim Pinto da Silva, en Bruxelas. Rue du Taciturne, 43 Willem de Zwijgerstraat Bruxelles/Brussels 1000 Belgique/België. Tfno: +32(0)27350077. Bitácora:
http://www.orfeu.net/
6. Libros en Língua Galega: Sortearanse os libros en Língua Galega entre os blogueiros que teñan participado nos blogues portugueses na: Libraría Sisargas, de Roberto Castro, en Rúa Curros Enriquez, 9 15002 A Coruña Galiza Tfno: +34(0)981200082. Correo Electrónico:
libreriasisargas@gmail.com
7. Blogueiros promotores:
Sailor Girl, do Blogue «
Atlântico Azul»
Luis Miguel Correia, do «
Blogue dos Navios e do Mar»
João Veiga, do Blogue «
Mar Adentro-Ventosga»
O Fartura, do Blogue «
Singradura da Relinga»
Manuel, do Blogue «
Homes de Pedra en Barcos de Pau»
Lino, do Blogue «
Amigos da Dorna Meca».
8. Blogueiros adheridos: Adquiren o estatuto de blogueiro adherido ao Sorteo CM da Amizade Galego-Portuguesa todos aqueles que nos seus blogues publiquen unha entrada co presente Regulamento e inclúan as ligazóns dos blogues promotores nas súas recomendacións, comunicándollo a Sailor Girl e a O’Fartura, o que lles confire o dereito á obtención de sete boletos suplementarios de participación
no Sorteo.

Engraçado que aparece isto na altura que comecei a trabalhar na Galiza. Vamos seguir.

3 comentários:

O´Fartura disse...

Ola amigo:
Tes conseguido sete boletos de participación coa publicación das base no teu blogue.
Aínda podes conseguir máis comentando nos blogues promotores.
E por certo, Benvido á Galiza.
Un saúdo.

Raquel Sabino Pereira disse...

Amigo!!!
Assim que receber as bandeiras envio-te uma, não está esquecida!!!

Um abraço e não te esqueças de deixar um comentário em cada um dos blogues promotores deste Sorteio, ganhas mais boletins e aumentas as tuas hipóteses de ganhar um livro!!!!

Raquel Sabino Pereira disse...

A BANDEIRA JÁ SEGUIU PELO CORREIO, DEVE CHEGAR NA SEXTA-FEIRA OU NA SEGUNDA!!!!!

* * * * *

Assunto: I Grande Sorteio «Cultura Marítima» da Amizade Luso-Galega!...

Peço-vos que vão todos votar SIM no questionário que colocámos na coluna da direita do Atlântico Azul e na coluna da esquerda da Singradura da Relinga!!!

Xenial, no??? OBRIGADA!!!...